ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O polbo, protagonista do xantar nas piscinas de Vilamartín de Valdeorras

A cita gastronómica celebrábase no mediodía do Venres Santo, 14 de abril

Por segundo ano consecutivo, o bar das piscinas acollía en plena Semana Santa (venres 14 de abril) un xantar popular co polbo como protagonista, unha actividade organizada por Seindra, Servicios y Mantenimientos á que asistían numerosas persoas de todas as idades.

Por 15 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar un menú composto por empanada de bonito, polbo á feira con cachelos (servido por Lula Fidalgo), pan, bebida, postre e café. A sobremesa estivo amenizada polo trío Rumba Fusión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button