OurenseÚltima hora

O Polideportivo da Carballeira (Ourense) acolle este sábado o play off autonómico de hóckey en liña

Presentación do campionato de hóckey en liña.

 

Este fin de semana o Club Patinatour (Morcegos Ourense) xógase o título galego nas categorías alevín, infantil e xuvenil, contando co factor campo en infantil.

O Polideportivo da Carballeira acolle este sábado, 25 de xuño, o play off autonómico de hóckey liña a partires das 9 horas. Unha competición autonómica que forma parte da programación deportiva con motivo das Festas de Ourense, e tamén servirá para facerlle unha homenaxe póstuma ao presidente de honra do Club Patinatour, Manuel Montes, persoa moi vinculada ao patinaxe que sempre infundiu a súa paixón polo deporte entre os máis novos ata o seu falecemento en novembro de 2019.

Na presentación, o concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, asegurou que “finaliza a tempada onde se retomaron as competicións e as actividades trala pandemia, e esta será unha oportunidade perfecta para desfrutar da festa do deporte a través do mellor do hockei liña en Galicia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button