ConcellosO BarcoRubiáÚltima hora

O polideportivo de Calabagueiros acollerá o sábado un cribado de Covid de veciños do Barco e de Rubiá

Citarase a 3.000 persoas de ambos concellos (de entre 18 e 64 anos) para facer PCRs e, por vez primeira, haberá inscrición voluntaria

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras organizará o vindeiro sábado 17 de abril (se ben inicialmente Sanidade comunicaba por erro que era o venres) un cribado poboacional de Covid para veciños do Barco e de Rubiá. Citarase a 3.000 persoas de ambos concellos de entre 18 e 64 anos no Polideportivo de Calabagueiros. Realizarase en horario de mañá é tarde por medio de PCR.

Por vez primeira nun cribado masivo permitirase a inscrición voluntaria (neste caso veciños de O Barco e Rubiá -ou asignados a estes centros de Saúde- de entre 18 e 64 anos) daquelas persoas incluidas na devandita selección poboacional mediante autoinscrición directamente na páxina web de información sobre a pandemia, coronavirus.gal.

A inscrición, que permite elixir o horario, está xa operativa desde esta mesma noite e ata as 15.00 horas deste venres.

As persoas inscritas, sempre que cumpran os critérios de selección, serán citados mediante SMS confirmatorio, en quenda de mañá ou tarde, segundo a opción elixida.

“Non hai límites para as inscripcións e realizaranse tantas probas como sexa preciso (sempre dentro do criterio de selección), En caso de que coas autoinscripcións non se acade o número previsto (3000) realizaranse citacións de xeito aleatorio ata completalo”, segundo informa Sanidade.

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Artigos relacionados

Back to top button