OurenseÚltima hora

O polideportivo de Oira prepárase para acoller ás persoas sen fogar con positivos asintomáticos

 

Co fin de ter a previsión necesaria para dar resposta á situación derivada do coronavorus, o Concello de Ourense está a preparar, nas condicións axeitadas, o polideportivo municipal de Oira para acoller ás persoas sen fogar con positivos asintomáticos de Covod-19 que lle derive o Sergas.

Ademais, matéñense abertos actualmente o albergue principal, o Fogar do Transeúnte, emprazado na Praza do Trigo, que está completo, máis o adicional que se acondicionou no albergue de peregrinos da Barreira, onde hai prazas dispoñibles. Tamén está preparado o antigo albergue de peregrinos de San Francisco, por se fose preciso utilizalo.

Artigos relacionados

Back to top button