EconomíaEconomíaÚltima hora

O Polígono de San Cibrao concluirá cunha mostra inédita e cunha exhibición os actos do 50 aniversario

Presentación do programa de actos.
Presentación do programa de actos.

Coa exposición “O Polígono nunca visto” e coa exhibición de procesos produtivos “Así se fai” pecharanse os actos conmemorativos dos 50 anos de historia do polígono industrial de San Cibrao, un dos maiores polígonos empresariais de Galicia e o máis antigo. Esta dobre cita está prevista para os próximos 1 e 2 de abril no recinto de Expourense.

Na mañá do 21 de marzo tiña lugar a presentación do programa destas actividades no Edificio Multiusos da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, entidade que organizadora. Nesta presentación participaban o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o alcalde de San
Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; e o presidente da Asociación de Empresarios, Elías Mera.

Nos preto de 5 millóns de metros cadrados que ocupa o polígono industrial de San Cibrao están establecidas 320 empresas, que xeran máis de 8.000 empregos directos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button