OurenseÚltima hora

O pontón do Briñal, en Allariz, será reconstruído

A execución deu comezo a semana pasada, unha vez obtido o permiso da Dirección Xeral de Patrimonio

Vista das obras. / Foto: cedida.

 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil executa, dende a semana pasada, as obras de reconstrución do pontón de O Briñal, sobre o río Arnoia, en Allariz. Segundo o artigo 126.bis do Regramento do Dominio Público Hidráulico, é obligación do titular da ponte, neste caso o Concello, eliminar os obstáculos ou tapóns da infraestrutura que poidan poñer en perigo a súa estabilidade, como é o caso.

 

Estado actual da ponte. / Foto: cedida.

 

En favor da colaboración e unha vez obtido o permiso da Dirección Xeral de Patrimonio, deron comezo as actuacións en canto o nivel da auga permitiu traballar con seguridade no cauce. A inversión será sufragada pola confederación e ascende a un total de 26.929€. Unha vez finalizados os traballos de reconstrución, o Concello de Allariz será o encargado do mantemento e conservación da ponte.

 

Artigos relacionados

Back to top button