Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O socialista Aurentino Alonso e o popular Álvaro Fernández, novos deputados provinciais por Valdeorras

A votación na que ambos resultaban electos por cada un dos seus partidos efectuábase este mediodía no Xulgado do Barco

Valdeorras estará representada nesta nova lexislatura na Deputación provincial de Ourense por dous deputados. O seus nomes decidíanse neste mediodía nunha votación realizada, por unha banda, entre os concelleiros do PP e, pola outra, entre os do PSdeG-PSOE.

Cada un dos partidos presentaba a un único candidato que resultaba electo. No caso do PP o candidato era o alcalde rués Álvaro Fernández e no do partido socialista e o concelleiro do Barco Aurentino Alonso. Ambos resultaban elixidos en votacións realizadas a man alzada.

Despois cada un asinaba a acta correspondente diante da xuíza e, de seguido, procedían a recoller as súas credenciais de cara á sesión constitutiva da nova Corporación provincial.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button