Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O popular Moisés Blanco renunciará á súa acta de edil no Barco

Ademais vén de anunciar en rolda de prensa que non repetirá de candidato do PP alcaldía neste concello valdeorrés
O cabeza de lista do PP nas pasadas eleccións no Barco, Moisés Blanco, na rolda de prensa convocada na tarde do 5 de maio.
O cabeza de lista do PP nas pasadas eleccións no Barco, Moisés Blanco, na rolda de prensa convocada na tarde do 5 de maio.

O pobo do Barco “ten falado alto e claro. Quere continuidade e por iso debo asumir responsabilidades, de aí que non sexa eu quen vaia liderar a oposición, posto que xa lles anuncio que vou renunciar á miña acta de concelleiro”. O cabeza de lista do PP no Barco nas pasadas eleccións municipais e deputado autonómico, Moisés Blanco, anunciaba deste xeito en rolda de prensa á súa renuncia a continuar formando parte da Corporación barquense na lexislatura que está a piques de comezar. Facíao na tarde do 5 de xuño, doce días despois da celebración dos comicios municipais nos que lograba seis concelleiros (un menos que nos do2011) fronte aos dez do PSdeG-PSOE, que ganaba un concelleiro máis nas urnas o 24 de maio, e un de Riada Cidadá. “É unha decisión meditada”, recoñecía, “e teño claro que despois de tres intentos teño que dar un paso a un lado e seguir adiante”.

Moisés Blanco, visiblemente emocionado, anunciando que renunciará a acta de concelleiro no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, visiblemente emocionado, anunciando que renunciará a acta de concelleiro no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Moisés Blanco tamén sinalaba que “pese a que o partido baixou máis ca nós en apoios a nivel provincial, autonómico e nacional, iso non nos vale como excusa xa que tiñamos un proxecto de cidade e de goberno”, quen ademais recoñecía que “somos conscientes de que non fumos capaces de mobilizar aos nosos simpatizantes, pese á gran campaña que fixemos”.

O líder do PP barquense, noutro dos momentos da rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella
O líder do PP barquense, noutro dos momentos da rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella

O ata de agora voceiro do PP no grupo municipal barquense comentaba tamén que xa puxo a “disposición dos meus compañeiros de partido o meu cargo como presidente local e anuncielles que non repetirei como candidato á alcaldía”. E lembraba que trasladaba a súa decisión ao comité executivo local do PP nunha xuntanza á que “asistiron máis de 30 persoas e na que me pediron que permanecera ao fronte do partido”.

O secretario xeral do PP no Barco, Carlos Crespo, comentaba que "non compartimos a decisión de Moisés de non seguir ao fronte da oposición, pero respectámola"./ Foto: Carlos G. Hervella.
O secretario xeral do PP no Barco, Carlos Crespo, comentaba que “non compartimos a decisión de Moisés de non seguir ao fronte da oposición, pero respectámola”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Onde si continuará será na Cámara Autonómica. Así, Blanco aseguraba tamén na rolda de prensa que ““agora tocar seguir traballando polo ben do Barco e de toda a comarca de Valdeorras dende o Parlamento de Galicia”. O líder do PP barquense aproveitou tamén a súa comparecencia para “agradecer todo o apoio dos meus compañeiros e familiares”.

Tamén tomaba a palabra no encontro cos medios o número dous da lista do PP no Barco, Arsenio Moldes, para indicar que "Moisés deixa un baleiro moi difícil de encher para todos nós". /Foto: Carlos G. Hervella.
Tamén tomaba a palabra no encontro cos medios o número dous da lista do PP no Barco, Arsenio Moldes, para indicar que “Moisés deixa un baleiro moi difícil de encher para todos nós”. /Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, abrazando ao seu compañeiro na lista do PP do Barco, Arsenio Moldes./ Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, abrazando ao seu compañeiro na lista do PP do Barco, Arsenio Moldes./ Foto: Carlos G. Hervella.
Carlos Crespo, dándolle tamén unha aperta a Moisés Blanco, ao final da comparecencia ante os medios./ Foto: Carlos G. Hervella.
Carlos Crespo, dándolle tamén unha aperta a Moisés Blanco, ao final da comparecencia ante os medios./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button