OurenseÚltima hora

O positivo por coronavirus dun condutor obriga á concesionaria do transporte urbano de Ourense a adoptar as medidas de seguridade estipuladas

Segundo informan dende a empresa "o traballador atópase de baixa así coma os outros tres condutores desa liña, en corentena, mentres que o autobús foi retirado para a súa limpeza e desinfección"

 

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do transporte urbano na cidade, procederon á adopción das medidas de seguridade estipuladas tras detectarse un positivo por coronavirus, o pasado sábado día 2 de maio, dun condutor. “Dende o primeiro momento a empresa puxo en marcha o protocolo de seguridade, polo que está garantido o servizo que se presta con todas as garantías”, asegura o concelleiro de Infraestruturas e Transporte, Miguel Caride.

Pola súa banda, o xerente da concesionaria do servizo de transporte urbano, José María Díaz, indica que “unha vez se confirmou o positivo procedeuse a relevar o condutor, que se atopa de baixa, mentres que os outros tres compañeiros que formaban parte desa quenda atópanse en corentena”. Ademais, puxo de manifesto que se procedeu á desinfección dos autobuses, como xa se vén facendo diariamente.

 

 

Tamén lembra o xerente da empresa que se están a cumprir as medidas establecidas na situación de alarma pola COVID-19, que marcan a ocupación dun 50% dos viaxeiros que poden utilizar o autobús gratuitamente, a obriga de utilizar máscaras de protección, acceder ao vehículo pola parte traseira do mesmo, así como de gardar as distancias de seguridade entre os viaxeiros. Así mesmo, pon de manifesto que “todos os traballadores do servizo contan con epis, que se lles facilitan máscaras de protección e xeles, xunto coa desinfección dos vehículos ao remate de cada un dos servizos, seguindo un protocolo específico establecido polo Covid-19”.

 

Artigos relacionados

Back to top button