EconomíaEconomíaViticultura

O potencial dos lévedos como axentes diferenciadores nos viños, nunha xornada

Esta acción formativa, dirixida ao sector vitivinícola, desenvolvérase o 10 de xullo no Barco

Detalle do cartaz das xornadas.

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollerá o 10 de xullo a partires das nove e media da mañá unha xornada técnica do sector vitivinícola na que se analizará o “Potencial dos lévedos e os seus bioprodutos como axentes diferenciadores para os viños galegos”.

Esta inciativa está dirixida a adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, estudantes e persoal investigador interesado co tema. O seu programa incluirá seis ponencias, algunhas delas de carácter práctico como é a adicada a experiencias con lévedos non-Saccharomyces, e unha mesa redonda coa que se pechará o encontro e na que participarán todos os relatores.

Esta xornada está organizada pola Evega en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Será un dos actos previos á celebración á XVII Feira do Viño de Valdeorras, prevista para a fin de semana do 12 e 13 de xullo no Barco.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button