ConcellosÚltima hora

O potencial dos proxectos enogastronómicos nos fondos Next Generation

A director de Turismo de Galicia mantiña esta semana unha reunión en Valdeorras para abordar liñas de axudas a territorios con iniciativas deste tipo

 

Nesta semana a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, viaxaba a Valdeorras para manter un encontro con representantes muncipais e empresariais de cara a plantexar liñas de axudas, procedentes de fondos europeos de recuperación (os denominados Next Generation), para proxectos de carácter enogastronómico. Estas liñas, pensadas para os 5 territorios galegos con denominación de orixe vitivinícola, xestionaríanse ao longo deste ano 2022 e todos os proxectos deberían ser de colaboración público-privada e basearse na sostibilidade, cohesión e dixitalización.

No encontro, que se desenvolvía na Casa Grande de Viloira (O Barco) participaban os alcaldes do Barco, A Rúa e O Bolo, así como a alcaldesa de Larouco, ademais de empresarios vinculados coa Ruta do Viño de Valdeorras ou do sector turístico.

 

Artigos relacionados

Back to top button