Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PP barquense amosa a súa candidatura

Será liderada de novo por Moisés Blanco Paradelo, conta con oito mulleres e unha media de idade de 46 anos
Membros da candidatura coa que o PP se presentará as eleccións municipais no Barco.
Membros da candidatura coa que o PP se presentará as eleccións municipais no Barco.

“É unha lista formada por xente honrada, que dará o mellor deles mesmos por O Barco”. Deste xeito define o candidato do PP á alcaldía barquense, Moisés Blanco Paradelo, á lista que encabezará nas vindeiras eleccións municipais de maio. Esta candidatura, que os populares facían pública o 21 de abril, conta cunha media de idade de 46 anos, ten sido renovada nun 50 % e nela aparecen oito mujeres, segundo se destaca dende o partido.

Son 27 persoas, 14 deles novas con respecto ás anteriores eleccións. Neste senso, Moisés Blanco amósase “entusiasmado cunha lista que mestura nomes de gran experiencia, preparados para gobernar e cunha gran traxectoria vital e profesional. Estou convencido de que é a lista que máis se parece ó Barco con xente de diferentes ámbitos, pobos, barrios e idades”.

Así, tras Blanco, na candidatura popular aparecen, por esta orde: Arsenio Moldes Gómez, Carlos Javier Crespo Díaz, Sabina Aguado García, Nieves Rodríguez Voces, Enrique Pérez Roca, Antonio Melo García, Manuela Rodríguez Vázquez, Adrián Alonso Diéguez, María Iglesias, José Fernando Carracedo Rama, Elvira Álvarez, Celestino Delgado, Pilar Pérez Bustillo, Evelyn López, Carlos López Moral e Estela Delgado. Ademais complétase con dez suplentes.

Artigos relacionados

Back to top button