PolíticaÚltima hora

O PP dá a coñecer aos seus cabezas de lista en Valdeorras nas municipais de 2015

Agás o número un da Veiga, o resto dos candidatos repetirán nas vindeiras eleccións
Presentación cabezas de lista da zona de Valdeorras.
Presentación cabezas de lista da zona de Valdeorras.

Na tarde do 22 do novembro celebrábase o acto de presentación dos cabezas de lista do PP na zona electoral de Valdeorras nas vindeiras eleccións locais do 2015. Sen embargo, a diferencia doutras zonas de Ourense, nas que o lugar escollido polo partido era a cabeceira de comarca, desta volta a presentación tiña como escenario A Rúa e máis en concreto á súa Casa da Cultura.

Tras un acto de benvida, que corría a cargo do alcalde de A Rúa e presidente local do PP, Avelino García Ferradal, de seguido interviña o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda de Valenzuela. O encargado de pechar a presentación foi o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen insistiu en que “a 183 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 82 cabezas de lista dos 92 totais da provincia de Ourense”.

Dos sete candidatos que encabezarán as listas do PP na zona electoral Valdeorras, tan só hai un rostro novo. É o do avogado Juan Anta Rodríguez (32 anos), que liderará a candidatura popular na Veiga, substituíndo deste xeito ao actual alcalde, Edesio Yáñez. Os outros cabeza de lista son: María Jesusa Candal Jarrín (54 anos) en Vilamartín, Elías Rodríguez Núñez (49 anos) en Rubiá, Avelino García Ferradal (54 anos) na Rúa, Manuel de la Fuente Díez (71 anos) en Petín, Moisés Blanco Paradelo (37 anos) no Barco e María del Carmen González Quintela (59 anos) en Carballeda.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close