Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O PP da Rúa aposta por un programa para “mellorar a calidade de vida dos rueses”

O seu cabeza de lista nas eleccións municipais, Álvaro Fernández, presentábao nun mitin no que estaba acompañado por Miguel Santalices, Rosendo Fernández e Avelino García

Do traballo realizado para perfilar o programa co que o PP se presenta ás vindeiras eleccións locais na Rúa falaba o seu cabeza de lista, Álvaro Fernández, no mitin que se celebraba na tarde do 23 de maio no Centro Cultural Avenida na Rúa. Un programa dicía, que “conseguirá mellorar a calidade de vida dos rueses e ruesas” e que ten como lema “Confía en nós, cre na Rúa”.

 

 

O candidato popular pedía confianza aos veciños “para facer que o Concello de A Rúa mellore. O de crer na Rúa fai referencia ao potencial do concello en diferentes materias”. Entre as propostas que defenden os populares figura a limpeza e acondicionamento do municipio, a rehabilitación e ampliación das áreas recreativas (A Reza, O Aguillón), a potenciación do turismo coa apertura da oficina de turismo, a mellora do acceso ao miradoiro do Barranco Rubio e a aposta polo Camiño de Inverno, así como un “centro urbán vivo” con iniciativas como un novo Centro de Saúde ou dar falicilidades para a construción de vivenda no concello.

Tras o candidato á alcaldía ruesa interviñan Avelino García (presidente local do PP), Miguel Santalices (presidente do Parlamento de Galicia) e Rosendo Luis Fernández (secretario do PP de Ourense). Finalmente volvía tomar a palabra o candidato popular da Rúa antes de proxectar dous videos, un sobre como está agora A Rúa e outro sobre o que pretenden facer.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button