PolíticaÚltima hora

O PP da Rúa presenta aos cinco primeiros integrantes da súa lista nas municipais

Ademais do candidato á alcaldía, Álvaro Fernández, a candidatura segue con Teresa Varela, Joana Gómez, Raúl Yáñez, Yury López e Susana de la Cruz
O candidato á alcaldía ruesa polo PP con outros catro membros da súa lista./ Foto cedida.

“Tomar a decisión non foi fácil, pero sinto que a terra que me viu nacer e medrar necesita de persoas que dean un paso adiante”, asegura o candidato á alcaldía do PP na Rúa, Álvaro J. Fernández. Esta formación política vén de presentar a través dunha serie de vídeos (que poden verse en youtube, Populares A Rúa) aos seis primeiros candidatos da súa lista ás vindeiras eleccións municipais: o propio Álvaro Fernández, Teresa Varela (que leva xa oito anos concelleira popular na Rúa), Joana Gómez (graduada en Dereito), Raúl Yáñez (antigo xogador do CD Rúa), Yury López (empresaria e apaixoada do mundo do turismo) e Susana de la Cruz (comerciante na Rúa).

“O obxectivo desta candidatura é intentar que a calidade de vida dos rueses mellore, xa está ben de ver que o noso pobo non avanza e que quedamos de brazos cruzados sen facer nada”, indica Álvaro Fernández. Neste proxecto político, engade, está acompañado por “un grupo de persoas que teñen este mesmo sentimento, que están dispostos a traballar desinteresadamente polo interese común”.

Tamén avanza o cabeza de lista que os Populares da Rúa traballan “nun programa común que terá en conta as nosas necesidades e os puntos fortes do noso concello” e que están “abertos a recibir aportacións”.

 

Artigos relacionados

Back to top button