PolíticaÚltima hora

O PP da Rúa presenta o seu programa electoral a través das redes sociais

Os populares comprométense “a executar un amplo programa medioambiental e turístico para poñer en valor os recursos naturais do municipio”
Membros da candidatura do PP da Rúa, que encabeza Álvaro Fernández.

“Ideas, ilusión e, principalmente, gañas de traballar polo pobo” teñen marcado a elaboración do programa electoral co que o PP da Rúa se presenta ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio, tal e como se destaca dende esta formación. Na confección deste documento, matizan, “tamén se tiveron en conta as suxerencias aportadas polos veciños e veciñas da Rúa”.

O programa vén de ser presentado a través das redes sociais polo candidato popular á alcaldía da Rúa polo PP, Álvaro José Fernández, e polos membros da súa lista. Dese xeito convidan á poboación a coñecer o seu proxecto e a “reflexionar sobre que modelo de vila queren para o presente e futuro”.

Os populares comprométense “a executar un amplo programa medioambiental e turístico para poñer en valor os recursos naturais do municipio”. Así, plantexan levar a cabo “unha limpeza e acondicionamento de tódolos rincóns e áreas recreativas do pobo; mellora de O Aguillón e aposta polo Camiño de Inverno coa dotación dun novo acceso ao pobo que evite o risco de atropelo para os peregríns”. Tamén aposta por abrir unha oficina de turismo na vila.

Outra prioridade da candidatura popular será “convertir o centro urbán nun espazo vivo con proxectos dirixidos a reforzar a relación coa veciñanza; impulsar alternativas para os emprendedores, a mocidade e o comercio, entre outros moitos sectores, para dinamizar a vida social e económica de A Rúa”.

 

 

“A claridade na xestión e nas contas do Concello é unha das promesas do equipo popular”, destacan. Dende o PP da Rúa incídese tamén en que o que máis lles importa “son os feitos, facer e fomentar iniciativas positivas para o Concello”. Por este motivo, engaden, ”apostamos por unha maioría absoluta porque se algo nos demostra o pasado do noso pobo é que as coalicións só dificultan o crecemento”.

Os Populares da Rúa agradecen as aportacións que os veciños lles fixeron chegar tanto no buzón de suxerencias que habilitaron na súa sede, como por vía electrónica. “Isto posibilitou que moitas das inquedanzas da poboación se recollesen no programa”, din.

O programa foi presentado vía youtube no seguinte link:
https://www.youtube.com/watch?v=wJQk_p9Qh_c

Artigos relacionados

Back to top button