PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense aproba o orzamento de 2022, o máis alto da súa historia

Serán 425.500 euros que nos van "permitir levar adiante importantes proxectos como o cambio da sede principal do partido”

O presidente do PP de Ourense, durante a reunión telemática.

 

O comité executivo do Partido Popular de Ourense, reunido o venres 17 de decembro por vía telemática, aprobaba o orzamento da formación popular para 2022 por importe de 425.500 euros, o máis alto da súa historia destacou o presidente provincial, Manuel Baltar, “o que nos vai permitir levar adiante importantes proxectos como o cambio da sede principal do partido, cuxas novas instalacións facilitarán o traballo orgánico da formación e unha axeitada atención aos nosos militantes”, cumprindo así “un dos compromisos que asumín no congreso provincial de setembro para este novo mandato”.

A cifra récord para o próximo exercicio, que tamén inclúe a nova sede popular do Carballiño, “demostra a xestión eficiente e rigorosa que estamos a facer desde hai anos para afrontar nas mellores condicións todos os procesos electorais ou, como no 2021, os congresos autonómico e provincial”, engadiu Manuel Baltar.

 

Manuel Baltar votando durante o comité executivo.

 

Non obstante e máis aló das cifras, para o presidente provincial un dos aspectos que cómpre subliñar é “o exercicio de transparencia absoluta que facemos cada final de ano diante da sociedade ourensá dando a coñecer os nosos orzamentos, como tamén faremos dentro dunhas semanas coa liquidación do presente exercicio, algo nunca visto noutras formación políticas”.

Manuel Baltar fixo un novo agradecemento expreso a toda a militancia, cargos institucionais e de representación e alcaldes e portavoces polo apoio recibido “para dirixir un mandato máis ao partido de Ourense, que no próximo ano vai imprimir alta velocidade á preparación das eleccións locais de 2023”.

Artigos relacionados

Back to top button