PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense arroupa ao ourensán Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia nacional do partido

Facíao nun acto celebrado hoxe na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

 

O Partido Popular de Ourense arropaba hoxe a Alberto Núñez Feijóo no acto celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, dentro da campaña que está a realizar por toda España como candidato á presidencia nacional. Unha convocatoria á que respondeu unha importante delegación de cargos orgánicos dos populares ourensáns, representantes nas Cortes Xerais, parlamentarios autonómicos, alcaldes, concelleiros e militantes.

Tras “un acto moi potente”, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “vai dar de si toda a súa forza” para que Feijóo gane as próximas eleccións xerais. A primeira demostración foi arroupar “a un ourensán como Alberto Núñez Feijóo, un referente a nivel nacional como presidente autonómico e a persoa capaz de unir o partido”.

“No obxectivo de gañar as próximas eleccións xerais”, subliñou Baltar, “o próximo presidente nacional contará con todo o apoio do Partido Popular de Ourense, que é o máis forte de España”. Lembrou nesta liña que na última convocatoria nacional “non houbo ningunha outra formación en ningunha outra provincia cun apoio en porcentaxe tan grande como o noso”.

Unha forza que Manuel Baltar asegurou que se demostrará tamén no congreso extraordinario que se celebrará os días 1 e 2 de abril en Sevilla. E non só iso: “despois, dentro deste tempo importante que ademais se abre en Galicia, tamén demostraremos a nosa capacidade para dar o mellor de nós mesmos”.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button