PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense constitúe o seu comité de campaña electoral

Reunión do comité de dirección do PP de Ourense.

 

Durante a reunión que o comité de dirección do PP de Ourense mantiña nesta tarde de 18 de setembro designaba aos membros do seu comité de campaña, órgano encargado da organización dos actos que se desenvolverán de cara á convocatoria de eleccións xerais, o 10 de novembro.

“Como en ocasións anteriores, os populares ourensáns convírtense na primeira formación política en España en constituír este comité, proba máis que suficiente de que o noso partido é quen de responder en todo momento e circunstancia a calquera escenario político”, segundo o presidente provincial, Manuel Baltar. Ademais Baltar amosaba a súa decepción por esta nova chamada ás urnas, “que só é froito da incapacidade dos socialistas por chegar a calquera acordo”.

 

Baltar, durante a reunión.

 

O comité de campaña popular, integrado por vinte persoas, baixo a presidencia do propio Manuel Baltar, deseñará unha campaña electoral que, “desta volta, só terá oito días de duración, o que vai supoñer un esforzo extra para explicar á sociedade que só un partido como o noso é quen de dar a estabilidade e solidez que precisa o goberno da nación”.

A composición do comité de campaña é a seguinte:

• Responsable político: Manuel Baltar
• Coordinador de campaña: Rosendo Fernández
• Coordinador de organización: Jorge Pumar
• Coordinador de actos: Pablo Pérez
• Xerente de campaña e responsable de medios e publicidade: Luis Vergara
• Responsable de programa electoral: Cristina Romero
• Responsable de formación: Miguel Ángel Viso
• Responsable de argumentarios: Moisés Blanco
• Responsable de mailing: Carmen Leyte
• Responsable voto por correo: Ana Belén Vázquez
• Responsable do voto exterior en España: Antonio Rodríguez Miranda
• Responsable de interventores e apoderados: Marife Dacoba
• Responsable de Ourense cidade: Jesús Vázquez
• Responsable de asesoría xurídica: Mª. Carmen Carballo
• Responsable de dirixentes nacionais e autonómicos: Miri Barreira
• Responsable de transparencia: Marisol Díaz
• Responsable de mobilización electoral: Miguel Santalices
• Responsable de NN XX: José Antonio Parente
• Responsable de novas tecnoloxías e redes sociais: Luciano Iglesias
• Responsable de prensa: Alberto Carnero .

Artigos relacionados

Back to top button