PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense pide a renuncia de Villarino como edil para iniciar conversas co PSdeG

A voceira do PP en Ourense, Flora Moure.

 

A portavoz do grupo municipal do PP no Concello de Ourense, Flora Moure, comparecía esta mañá en rolda de prensa para respostar á presunta proposta de “apartarse” do líder do PSOE local, para facilitar unha moción de censura na cidade.

Flora Moure aseguraba amosaba “as dúbidas que xenera a honestidade da proposta: ata hoxe, as accións de Rafael Villarino non xeraron ningunha confianza, máis ben todo o contrario. A súa única prioridade foi manterse no seu cargo ao fronte do PSOE e tratar de chegar á alcaldía por todos os medios que fosen necesarios: chegando a intentar bloquear as axudas para autonómos; presentando mocións de censura sen apoio real, só para xerar inestabilidade; recurrindo a todo tipo de manobras políticas e xudiciais, que afortunadamente sempre fracasaron. Isto de “botarse a un lado” parece ser unha última manobra desesperada para enganar aos ourensás e chegar á alcaldía”, indicaba a voceira popular.

Ademais presentaba unha nova proposta do PP: “temos as mans libres para negociar un acordo de coalición, sempre que Rodríguez Villarino se retire de verdade. Pero “apartarse” non se fai a través dunha nota de prensa, non cos rumores e os “dimes e diretes” aos que nos ten acostumados.
Senón presentando a súa renuncia no rexistro municipal do Concello, que é como un se aparta realmente. Se Villarino demostra que a súa proposta é real, apartándose de verdade, ofrecemos ao PSOE chegar a un acordo para establecer un goberno de coalición”.

Artigos relacionados

Back to top button