PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense reúnese coas agrupacións locais do partido en Valdeorras para preparar as eleccións xerais

Un dos momentos da reunión do PP de Ourense cos representantes das agrupacións locais de Valdeorras, no Barco.

 

Ata Valdeorras se desprazaban representantes do Partido Popular de Ourense neste 9 de outubro no marco do calendario de reunións que están a realizar cos representantes das agrupacións locais desta formación política de cara a preparar as eleccións xerais do 10 de novembro e “para dar a coñecer as claves dunha campaña electoral singular, posto que só terá unha duración de oito días”.

O secretario xeral e coordinador de campaña dos populares, Rosendo Fernández, afirmou que con estas reunións “estamos a demostrar que en calquera lugar hai persoas do PP comprometidas coa provincia, recollendo as súas aportacións para facer propostas que respondan ás necesidades da cidadanía e ofrecer así unha alternativa de goberno”.

Na xuntanza desta tarde participaron os representantes das agrupacións locais que integran o Partido Xudicial do Barco de Valdeorras, dentro da correspondente xunta electoral de zona: O Barco, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button