PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense reúnese coas súas agrupacións locais do partido xudicial de Trives

Imaxe da reunión en Trives.

 

Representantes do PP de Ourense trasladábanse na mañá do 14 de outubro ata  a localidade de Pobra de Trives, onde o secretario xeral do PP, Rosendo Fernández, presidía unaa reunión das agrupacións locais que forman parte do partido xudicial de Trives: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e a agrupación trivesa.

No marco dos encontros previstos para a organización das Eleccións Xerais do 10 de novembro, Rosendo Fernández lembrou o “papel decisivo que o Partido Popular de Ourense tivo sempre en cada cita coas urnas”, polo que pediu un novo esforzo para, desde a provincia, “contribuír á consecución dun goberno que dea estabilidade aos cidadáns e nos permita seguir a crear un Ourense mellor”.

Visita á Cenlle dos candidatos populares por Ourense nas xerais

Por outra banda, tamén neste luns os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense ás vindeiras elección xerais visitaron pola tarde o Concello de Cenlle, elixido polos representantes populares como exemplo das iniciativas e dos proxectos que o PP desenvolve na súa aposta polo rural.

 

Os candidatos populares na visita a Cenlle.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button