PolíticaÚltima hora

O PP de Ourense valora os 12 meses de goberno de Rajoy nesta lexislatura

O deputado Miguel Ángel Viso, a senadora Carmen Leyte e o presidente do PP provincial, Manuel Baltar, comparecían en rolda de prensa na sede do partido en Ourense
Manuel Baltar, intervindo na rolda de prensa, xunto a Miguel A. Viso e Carmen Leyte.

Nunha rolda de prensa convocada na mañá do 4 de xullo na capital da provincia, o PP de Ourense facía balance dos primeiros doce meses desta lexislatura. Na comparacencia participaban o deputado Miguel Ángel Viso, a senadora Carmen Leyte e o presidente da Deputación e tamén do PP provincial, Manuel Baltar.

“Os nosos representantes no Congreso e no Senado están en política para traballar, para impulsar o diálogo e falar en positivo, moi lonxe doutros posicionamentos que estamos cansos de ver e que só teñen como obxectivo desaloxar a Rajoy da Moncloa”, aseguraba Manuel Baltar.

Pola súa banda, o deputado Miguel Ángel Viso, cabeza de lista popular pola provincia nas eleccións xerais de decembro de 2015 e xuño de 2016, facía un resumo do ano lexislativo, poñendo énfase no traballo desenvolvido tanto en pleno como nas comisións das que forman parte polos tres deputados e os tres senadores que representan á provincia.

O parlamentario consideraba que o gran éxito deste tempo de lexislatura ten sido a aprobación dos orzamentos xerais do Estado, xa ratificados polo Senado. Un documento económico “que alcanza o máis alto nivel de consenso e madurez da etapa democrática, ratificado polo maior número de forzas parlamentarias (7) e os máis sociais da historia, pois de cada 100 euros, 72 están adicados a políticas sociais”.

Para os vindeiros doce meses, Miguel Ángel Viso citaba como obxectivos a mellora do estado do benestar garantindo unha educación e unha sanidad de calidade, a viabilidade do sistema de pensións ou a rexeneración democrática, sen deixar de citar asuntos de máximo interese para Ourense como as obras do AVE ou a próxima negociación dunha nova política agraria común (PAC).

Artigos relacionados

Back to top button