Política

O PP de Rubiá elixe a Elías Rodríguez como presidente

Lograba o cen por cen dos apoios no congreso celebrado na tarde do 25 de setembro
Elías Rodríguez, xunto a Manuel Baltar, tras ser elixido presidente do PP de Rubiá.
Elías Rodríguez, xunto a Manuel Baltar, tras ser elixido presidente do PP de Rubiá.

Cun respaldo unánime saia adiante a candidatura de Elías Rodríguez Núñez á presidencia do PP de Rubiá no marco do congreso realizado na tarde do 25 de setembro na Casa da Cultura desta localidade valdeorresa. Tras a súa elección, Elías Rodríguez tomaba a palabra e adiantaba que os eixos sobre os que fundamentará os seus proxectos “pasan irrenunciablemente polo mantemente e mellora dos nosos servizos, apuntalando sobre todo os servizos sociais e abogando pola recuperación de vivenda municipal, que son as necesidades máis salientables en Rubiá”.

Ademais agradeceu a confianza depositada nel polos seus compañeiros de partido, “espero estar á altura das circunstancias e que esta etapa sexa tan fructífera como as anteriores e que teñamos tan bos resultados como ata agora”.

De seguido, clausurando o congreso, interviña o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen lembraba que o de Rubiá é o congreso número 56 que esta formación política celebra na provincia. Destacaba e agradecía o “esforzo, traballo diario e discreción” de Elías Rodríguez, e tamén aludía ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2015 e á necesidade contar no partido con “persoas iguais que Elías, de consenso, que se fagan escoitar e cun compromiso claro co seu pobo”

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close