PolíticaÚltima hora

O PP de Viana presenta unha moción no pleno municipal para “urxir ao arranxo” da estrada de San Agostiño

Imaxe da estrada de San Agostiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

O grupo municipal do PP en Viana do Bolo vén de presentar unha moción ao pleno da Corporación municipal relativa ao arranxo da estrada de San Agostiño. No texto da moción os populares sinalan que “a situación dos veciños afectados polo mal estado da estrada Viana- Sto. Agostiño,/Sever,- Presa de Pías/Rubias-Cepedelo- enlace estrada de Sever-Presa de Pías/; é insostible, precisando unha solución urxente” e lembran unha serie de xestións iniciadas en marzo de 2018 no mesmo pleno da corporación municipal e que continuaban na Deputación de cara a lograr o arranxo deste vial.

“Dende a Deputación puxéronse en contacto coa empresa propietaria dos viais, acadando un acordo no que ésta prometeu unha achega económica do 50% do presuposto, ao tempo que a Deputación achegaba o 25% ,e propuxéronlle ao Concello de Viana, principal interesado, que aportara o outro 25%. A día de hoxe aínda non respondeu”, di o PP no texto da moción.

Nesta iniciativa, que se someterá á votación no pleno municipal, piden que “se aprobe a aceptación da cesión da titularidade por parte da empresa e se asine o correspondente convenio”, que “o Concello asuma a parte económica proposta pola Deputación” e que “a posible baixa do presuposto das obras, resultante do procedemento aberto de licitación, beneficie proporcionalmente a Concello e Deputación”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button