PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín insiste en pedir a rebaixa do IBI neste municipio

O grupo municipal popular vén de rexistrar no Concello a solicitude dun pleno extraordinario para abordar este tema

José Pinto, concelleiro do PP en Vilamartín.

 

O grupo municipal do PP de Vilamartín vén de rexistrar neste Concello unha solicitude para pedir a celebración dun pleno extraordinario co fin de debater unha moción para a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI) neste municipio.

No texto da solicitude, o voceiro popular en Vilamartín, José Pinto, lembra que xa o 25 de setembro do 2019 presentara no rexistro do Concello unha solicitude para que o goberno municipal valorase a posibilidade de reducir o tipo de IBI urbano, e despois, en novembro, unha moción no mesmo sentido, pero “a día de hoxe non recibín resposta algunha”.

Pinto asegura que Vilamartín ten un “tipo de gravame de IBI urbano do 0,8%, que é un dos máis elevados da provincia de Ourense”, e na nova moción que vén de presentar no Concello pide unha redución dese IBI, “pasando do 0,8% ao 0,65%”, así como que se “estude anualmente, previo á elaboración dos orzamentos, a redución paulatina de dito imposto municipal procurando sempre un equilibrio entre ingresos e gastos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button