PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín insiste na petición de que se baixe o IBI no municipio

O concelleiro popular de Vilamartín José Pinto.

 

Dende o grupo municipal do PP de Vilamartín vólvese pedir unha baixa do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) no municipio. “Levamos tres anos consecutivos (2018, 2019 e 2020) levando ao pleno a baixada do IBI para que os veciños paguen menos e teñan un maior aforro. O grupo de goberno do PSOE sempre votou en contra”, asegura o voceiro do PP vilamartinés, José Pinto.

Ademais este concelleiro popular sinala que hoxe “cústanos a todos os veciños de Vilamartín 39.167 euros ao ano, ou o que é o mesmo, 156.668 euros a lexislatura”.

Neste senso, o PP de Vilamartín solicítalle ao alcalde de Vilamartín que “aprobe a baixada do IBI antes de terminar o ano para que no 2022 os veciños paguen menos por este imposto municipal”.

Artigos relacionados

Back to top button