José Pinto, concelleiro do PP de Vilamartín de Valdeorras, vén presentar no rexistro deste Concello unha moción para o vindeiro pleno ordinario da Corporación municipal sobre o terreo que está situado fronte aos adosados da rúa Constitución desta vila.
O que o edil popular plantexa na moción e que o Concello de Vilamartín inicie as “negociacións necesarias para que adquirir dito terreo, que a día de hoxe á propiedade do Sareb, para un espazo público”.
José Pinto indica na moción que, dada a súa ubicación, “sería moi necesario que o Concello puidera contar con ese espazo público para uso e desfrute dos veciños. Despois de ter mantido algunha conversa con esta alcaldía referente a este terreo, e ao non ter ningunha resposta ao respecto, presento esta moción”.