PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín pídelle ao goberno municipal que valore a posibilidade de baixar o IBI

Esta formación política presentaba esta petición por escrito no Concello

O concelleiro popular de Vilamartín José Pinto.

 

A través do seu concelleiro en Vilamartín José Pinto, o PP  vén de presentar o 25 de setembro unha petición por rexistro de entrada no Concello de Vilamartín para que a alcaldía e o equipo de goberno municipal, “antes de facer o orzamento ou de finalizar o ano, teña en conta a posibilidade de baixar o IBI (Imposto sobre Bens Inmobles)”.

No escrito tamén se explica que o PP vilamartinés considera que “o 0,80 que se está aplicando actualmente pódese baixar 0,65 dado o aumento que supón a subida catastral, a cal estaría sobre 72.000 euros máis ao ano. Polo tanto, o tipo do 0,65 sería o máis idóneo, xa que se recaudarían 7.400 euros menos con respecto ao ano 2018”.

Os populares entenden que “esta diferenza pódese asumir con outras partidas. Polo tanto, dende o grupo popular consideramos que os 0,15 puntos mencionados suporían un aforro importante para os veciños”, polo que piden que se teña en conta a súa petición.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close