PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín presentará no Pleno do Concello unha moción “en apoio á ANPA do CEIP José Manuel Folla Respino”

Unha das fachadas do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín.

 

O voceiro do Grupo Popular e do Partido Popular de Vilamartín, José Pinto Álvarez, presentará no Pleno do Concello que se celebrará mañá, 15 de xullo, unha moción para apoiar á ANPA do CEIP José Manuel Folla Respino “en vista de que nos últimos anos foise perdendo alumnado”, reza a moción.

Así, como medidas “urxentes para o vindeiro curso 21-22”, o PP pide apoio ao Concello coas seguintes medidas: “asumir o custo dos libros; recuperar a figura do madrugador, buscando a posibilidade de ter  unha persoa antes do inicio das clases e despois para que sexa compatible co horario dos pais; e promocionar máis o colexio dende o Concello, e prestarlle máis atención en xeral”.

 

Artigos relacionados

Back to top button