PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín segue defendendo unha baixada do IBI

José Pinto, concelleiro do PP en Vilamartín.

 

Dende o PP de Vilamartín insístese en defender unha baixada do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) neste municipio valdeorrés. O seu voceiro municipal, José Pinto, vén de emitir unha nota de prensa na que alude ás “queixas dos veciños e ao malestar dalgúns deles, e o do noso grupo, pola negativa do alcalde e do seu grupo a votar en contra de baixar o IBI”.

Pinto considera que se trata dunha “mala decisión” e que “o afán de recaudar non debe poñerse por riba do benestar dos veciños. E este é o momento de axudar aos veciños coa baixada de impostos”.

O edil popular tamén apunta que “producíndose a baixada que se lle propuxo dende o noso grupo, o Concello seguiría recaudando o mesmo que no ano 2018-2019, polo tanto, que non se excuse en débedas atrasadas, xa que é máis importante estar ao lado de quen o necesita. Dende o noso grupo seguiremos traballando para que éste se regularice”.

 

Artigos relacionados

Back to top button