PolíticaÚltima hora

O PP do Barco critica o feito de enterarse pola prensa da decisión do alcalde deste municipio de asignarlle a súa dedicación exclusiva á edil de Cultura

Sabina Aguado, portavoz do grupo municipal do PP do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través dunha nota de prensa emitida na tarde do 10 de decembro o grupo municipal do PP do Barco vén de criticar a decisión do alcalde do Barco, Alfredo García, de deixar a súa dedicación exclusiva no Concello e de pasarlla á súa segunda tenente de alcalde e concelleira de Cultura.

“Para nós non é tan importante o soldo como a responsabilidade que esta dedicación exclusiva conleva. E, neste caso, máis que unha reestruturación de competencias parece un reparto de diñeiro. O que si nos aclara este movemento do grupo de goberno é quen será a sucesora do actual alcalde e quen vai mandar a partir de agora no Concello”, di o PP do Barco no seu comunicado, asinado pola voceira popular Sabina Aguado.

Tamén critican a forma na que se fixo pública esta medida e amósanse indignados. “Infórmase antes á prensa que á posición, xa perdimos a conta das veces que ocorreron feitos similares”. Os populares do Barco consideran que, “unha vez máis, Alfredo García ignora ao resto de representantes municipais. Gobernan como se a oposición non existise, non se nos dan as explicacións oportunas e se se dan, é cando se esixen, sempre tarde e sempre despois que á prensa. O que demostra unha absoluta e total falta de respecto non tanto aos representantes municipais, como aos cidadáns que nos elixiron a todos”.

Artigos relacionados

Back to top button