PolíticaÚltima hora

O PP do Barco entrega á Fiscalía nova documentación

Os concelleiros populares barquenses daban unha rolda de prensa en Ourense para informar sobre ela
Rolda de prensa do PP do Barco en Ourense.
Rolda de prensa do PP do Barco en Ourense.

O 16 de outubro o PP do Barco entregaba á Fiscalía 2.648 reparos técnicos efectuados á xestión do alcalde barquense, Alfredo García, durante o periodo 2003-2013. Así o sinalaban nunha rolda de prensa que tiña lugar na sede do PP en Ourense. Nela o portavoz municipal, Moisés Blanco Paradelo, apuntaba que esta nova documentación é importante por estar relacionada directamente co procedemento de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo tramitado no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco de Valdeorras.

De feito, os populares solicitan que os 2.648 reparos técnicos aportados “se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou, no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias “.

Artigos relacionados

Back to top button