PolíticaÚltima hora

O PP do Barco pide a convocatoria da comisión municipal de Medio Ambiente

A voceira municipal do PP, Sabina Aguado, nunha sesión plenaria./ Foto: A.R.

 

Dende o grupo municipal do PP do Barco vén de emitirse unha nota de prensa solicitando a convocatoria da Comisión informativa de Medio Ambiente.

“Dada a situación na que se atopa o contrato de recollida de lixo, en prórroga desde xaneiro do ano pasado, e vendo a situación de deterioro que está a sufrir este servizo, o grupo municipal do Partido Popular solicita que se convoque con urxencia a Comisión Informativa de Medio Ambiente e Servizos para coñecer o estado no que se atopa a redacción do prego de condicións así como as solucións que se van a dar ás deficiencias que hai no servizo”, tal e como indica a voceira municipal do PP, Sabina Aguado.

Artigos relacionados

Back to top button
Close