PolíticaÚltima hora

O PP do Barco pide a convocatoria “urxente” da Comisión de Sanidade do Concello para tratar o COVID-19

Labores de desinfección no Paseo do Malecón do Barco.

 

O PP do Barco vén de emitir un comunicado de prensa no que pide a convocatoria “urxente” dunha Comisión extraordinaria de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade para abordar a situación do coronavirus neste municipio “ante o aumento de casos de afectados polo COVID-19 que está sufrindo este concelllo”.

Na comisión o PP pretende plantexar “unha serie de cuestións que consideramos de urxente necesidade”, entre elas a dos recursos destinados á desinfección. “Sabemos que xa se está desinfectando de diversas formas, sen embargo, consideramos que a desinfección debería facerse con maior frecuencia, sobre todo nas aldeas, onde só se desinfecta cuando se vai recoller o lixo. Gustaríanos tamén que se aumentase o número de efectivos que realizan a desinfección en zonas que se poderían denominar de especial risco, como poden ser: o entorno do hospital, centro de saúde e residencia de anciáns, cun importante número de usuarios e traballadores afectados polo COVID-19, así como supermercados, farmacias e contenedores”.

Ademais os populares indican que prevén comentar na comisión que “nos gustaría que se ofrecese material de protección aos cidadáns, tanto aos que teñen que seguir acudindo ao seu posto de traballo nos diferentes establecementos que deben permanecer abertos, como a aqueles que teñen que manter os seus propios negocios abertos”.

Finalmente, o PP do Barco solicitará nesa comisión “información acerca de se teñen previsto, en caso de que fose necesario, a cesión dalgún espazo público para atender as diferentes necesidades que puidesen xurdir a consecuencia da situación que estamos atravesando”.

Artigos relacionados

Back to top button