Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O PP do Barco presenta a súa candidatura ás eleccións municipais

No acto interviñan a cabeza de lista, Sabina Aguado, e o presidente provincial do partido, Manuel Baltar

A sede do PP no Barco acollía na tarde do 30 de abril o acto de presentación da candidatura coa que este partido se presentará ás vindeiras eleccións locais neste municipio. A lista, encabezada por Sabina Aguado,  está formada por “21 persoas valentes” que se presentan cun obxectivo común “porque o noso pobo necesítao”, tal e como sinalaba no acto. A candidata popular apostaba por “un novo goberno para O Barco e que estea á súa altura”.

Esta é a primeira presentación de candidaturas ás locais que o PP fai na provincia de Ourense, tal e como destacaba o seu presidente, Manuel Baltar. “Esta é unha candidatura renovada, que representa a todos os sectores económicos do Barco, na que se combina a experiencia coa xuventude”, aseguraba Baltar. Ademais incidía en que “o PP é a alternativa de futuro para O Barco. Con Sabina O Barco ten unha solución, un cambio, despois de 20 anos de goberno socialista.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Candidatura do PP ao Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button