PolíticaÚltima hora

O PP do Barco presenta no pleno municipal unha moción para pedir a baixada do IBI neste concello

Sabina Aguado (á dereita da imaxe) xunto ao resto de membros do grupo municipal do PP no Barco, nun pleno./ Foto: A.R.

Entre os puntos que se abordarán na orde do día do pleno desta tarde de 5 de marzo no Barco figura unha moción presentada polo grupo municipal do PP na que se solicita unha baixada do IBI neste concello.

“O Partido Popular de O Barco analizou os datos dende o 1999 ata a data e observou un incremento máis que significativo no Imposto sobre Bens Inmobles IBI). Ademais a este incremento levado a cabo polo goberno municipal, debemos engadirlle que O Barco encóntrase entre os municipios que van sufrir o denominado “catastrazo” aprobado polo goberno central no último Consello de Ministros do 2019”, asegura a voceira municipal do PP, Sabina Aguado.

Nesa moción, que será sometida a votación no pleno, os populares solicitan a baixada do IBI no Barco. “Pídese que o goberno municipal se comprometa a unha baixada substancial deste imposto e o compromiso, por parte deste, de que se cree unha comisión que estude a maneira máis rápida e eficaz para poder levalo a cabo”, segundo indica a concelleira popular Sabina Aguado.

Artigos relacionados

Back to top button