PolíticaÚltima hora

O PP do Barco presenta unha moción contra o peche da taquilla da estación de tren

 

Na mañá deste 1 de outubro o grupo municipal do PP do Barco vén de rexistrar no Concello unha moción para que sexa incluída por urxencia na orde do día do pleno convocado para esta tarde. “Con esta moción mostramos o noso malestar ante o peche do despacho de billetes na estación de tren do Barco e posicionámonos ao lado dos nosos veciños”, asegura a voceira do PP barquense, Sabina Aguado.

Os populares consideran que “este novo recorte nos servizos ferroviarios no noso concello supón un grave prexuízo para todos, sobre todo para aquelas persoas que teñan que desprazarse para poder comprar os billetes na máquina da estación porque non dispoñan de medios para poder facelo desde os seus fogares, ou para as persoas de idade máis avanzada e que non coñezan o funcionamento da máquina expendedora de billetes”.

Ademais o grupo municipal do PP adianta que nesta moción solicitanm por unha banda, que “a Corporación do Barco mostre o seu total rexeitamento ante esta decisión que consideramos inxusta e intolerable, e, doutra banda, instar ao Ministerio de Fomento a que non cese a actividade de venda presencial de billetes na estación de tren do Barco de Valdeorras”.

Artigos relacionados

Back to top button