PolíticaÚltima hora

O PP do Barco presentará unha moción con medidas “para afrontar a crise do COVID-19”

A voceira municipal do PP do Barco, Sabina Aguado.

 

Dende o grupo municipal do Partido Popular do Barco vén rexistrarse esta mañá no Concello unha moción para o seu debate no pleno previsto para o próximo 7 de maio. No texto os populares propoñen unha serie de medidas sociais e económicas “para axudar a aliviar a presión de todos ls veciños que se viron afectados por esta crise sanitaria. Poñemos especial atención no pequeno comercio, a hostalaría, autónomos e pemes, así como noutros colectivos vulnerables como poden ser as persoas maiores e dependentes”, asegura a portavoz do PP no Barco, Sabina Aguado.

Na moción o PP pide que ás persoas afectadas polo cese das súas actividades se lles aplique a “suspensión no pago de taxas e impostos. Esta medida sería aplicable sobre todo á hostalaría e pequeno comercio. En caso de que non puidesen suspenderse estes pagos, poderían fraccionarse ou aprazarse”. Ademais solicitarán que “se axilice o pago de facturas pendentes a provedores, especialmente cando se trate de autónomos e pemes”.

No referente a medidas sociales, na moción do PP “pídese o reforzo das partidas orzamentarias en materia de servizos sociais para facer fronte a gastos que se teñan xerado a raíz desta pandemia. Queremos que se reforce tamén o seguimento e subministro de produtos básicos a aqueles colectivos máis vulnerables como poden ser as persoas maiores ou dependentes, e que se faciliten axudas e se dea maior apoio a aquelas entidades que colaboran con colectivos económicamente máis vulnerables”.

Os populares tamén plantexan no texto da moción que a adopción destas medidas “sería en función da dispoñibilidade orzamentaria do Concello”.

Ademais dende o PP do Barco pídese as bandeiras do Concello ondeen a media asta en sinal de dó “por aqueles veciños falecidos durante esta crise sanitaria”.

Artigos relacionados

Back to top button