OurenseÚltima hora

O PP do Bolo repite maioría absoluta

Os populares conseguen cinco concelleiros, mentres o partido socialista quédase con dous
O cabeza de lista do PP do Bolo, Manuel Corzo, con membros do seu equipo./ Foto cedida.

Nova maioría absoluta para a candidatura do PP no Bolo, que lidera Manuel Corzo. Os populares conseguían o 65,63% dos votos, o que se traduce en cinco concelleiros para a nova lexislatura. Manteñen a maioría, pero cun edil menos que nos anteriores comicios. Nestas eleccións esta corporación perdía dous sillóns de concelleiros con respecto ás do 2015.

Dende o PP do Bolo amosábase o seu agradecemento “a toda a veciñanza polo seu apoio para seguir gobernando este concello. O noso equipo acadou o apoio de dúas terceiras partes dos votos, co cal demostra o bo facer do goberno local. ‌Grazas a todos, imos seguir traballando por facer un concello mellor para os seus habitantes e visitantes”.

 

 

Fonte: Ministerio do Interior.

 

Pola súa banda, o PSdeG-PSOE, encabezado por Juan Ferreira, tamén perde un edil, quedándose con dous e logrando un 33,75% dos sufraxios emitidos.

Artigos relacionados

Back to top button