PolíticaÚltima hora

O PP fai balance do goberno da Xunta en Valdeorras

Os deputados Moisés Blanco e Miguel Santalices coincidían en calificar de “moi positiva” esta lexislatura para a comarca

A lexislatura galega que está a concluír ten sido “altamente positiva” para Valdeorras, segundo o PP. Así o destacaban en rolda de prensa os deputados autonómicos Moisés Blanco e Miguel Santalices na mañá do 16 de agosto na sede do PP do Barco. O valdeorrés Blanco Paradelo facía un repaso polos diversos asuntos relacionados coa comarca que se teñen tratado no Parlamento aludindo ao sector da lousa, ao abaratamento do solo industrial, ás “melloras asistencias en Sanidade e ao novo TAC do Hospital Comarcal Valdeorras”, ás políticas de Medio Rural, á consecución do recoñecemento de Festa de Interese Turístico para o Botelo, a inclusión do Camiño de Inverno a Santiago na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ou ao apoio á autovía A-76, entre outras. Asemade agradecía a confianza depositada nel, “é unha honra para min servir aos galegos no Parlamento”.

De seguido, tomaba a palabra Miguel Santalices, quen resaltaba a estabilidade do goberno galego, “adicámonos a traballar a e apuntalamos os recursos. Asemade subliñaba o compromiso da Xunta coa sanidade “tanto no eido asistencial como no das infraestruturas.

Artigos relacionados

Back to top button