Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

O PP galego e leonés reivindica que “non se pare a A-76”

Celebraban un acto en defensa da autovía nas proximidades do Puente de Domingo Flórez (León)

Na N-120, na zona lindeira entre a comarca galega de Valdeorras e a do Bierzo, no Puente de Domingo Flórez (León), o PP celebraba na tarde do 21 de xuño un acto en defensa da autovía A-76. Nel participaban os secretarios xerais do partido en Galicia e Castela e León, Miguel Tellado e Alfonso Fernández, respectivamente; así como candidatos populares nas eleccións xerais por Ourense e León.

“Reunínomonos o PP de Galicia e o de León cunha mesma reivindicación: que non se pare a A-76. Nós cremos que este é un proxecto fundamental para as dúas comarcas, para as dúas comunidades, e se se produce un cambio de goberno a partir das eleccións do próximo domingo este proxecto corre risco de ser paralizado”, sinalaba o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado. Ao seu carón, Alfonso Fernández, indicía en que “cun goberno do PP este proxecto seguirá avanzando porque consideramos que é perfectamente compatible a defensa do medio ambiente e do patrimonio artístico co desenvolvemento das infraestruturas, que é algo que sempre xera oportunidades e emprego, o que nestes momentos consideramos ademais que é fundamental”.

Asemade o candidato ao Congreso por Ourense, Celso Delgado Arce, lembraba que “levamos moitos anos pelexando por esta autovía” e explicaba en qué momento se atopa o proxecto. “Temos unha autovía entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada moi avanzada en canto á súa tramitación, co cal, se hai gobernos que estean empeñados en dedicar recursos presupuestarios a esta actuación e a seguila considerando prioritaria, poderase facer”.

Nese senso, Delgado Arce recordaba tamén a votación do pasado 13 de abril no Congreso dos deputados na que o PP presentaba unha iniciativa sobre esta autovía. “Simplemente dicíamos que queríamos que siga sendo prioritaria e que se continuase apoiando orzamentaria e administrativamente, pero atopámonos cunha moi desagradable sorpresa. A iniciativa saíu adiante, pero foi votada en contra por Podemos, e os seus argumentos foron que non a necesitamos porque é suficiente con que levemente retoquemos a infraestrutura actual, que non hai intensidade suficiente de tráfico que a xustifique, e que non sei vai gastar diñeiro cando no país hai outras necesidades. E logo engadiron que medioambientalmente habería problemas na Serra de Enciña da Lastra. Todas estas argumentacións caen polo seu propio peso”.

O candidato ourensán concluía indicando que “este é un proxecto de todos e por iso buscaremos consensos e apoios con todos os grupos para sacala adiante, pero unha ameaza nova cérnese, que Podemos entre no goberno e paralice esta autovía”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button