PolíticaÚltima hora

O PP logra o apoio do 54,52% dos votos depositados nas urnas de Valdeorras

O candidato popular Moisés Blanco fai un balance moi positivo dos resultados do seu partido na comarca

Moisés Blanco (no centro), facendo seguemento do reconto na sede do PP do Barco./ Foto: A.R.

 

Neste 12 de xullo o PP lograba na provincia de Ourense un total de oito deputados, un menos nas eleccións do 2016. No caso da comarca de Valdeorras o PP lograba un 54,52% dos votos, un resultado valorado de maneira moi positiva por barquense Moisés Blanco, número 12 da candidatura popular pola provincia.

“Esta foi unha campaña diferente, que nos obrigou a facer actos máis pequenos, e nós tomámola moi en serio- Fumos porta a porta, visitamos todos os barrios e estivemos o máis preto que puidemos, dentro das condicións de seguridade e hixiene da xente, explicando o proxecto de Feijóo e do PP e creo que o resultado o que di é que Feijóo fíxoo ben en Galicia, os galegos apróbano e tamén os valdeorreses aproban a súa xestión”, indica Moisés Blanco.

 

 

Ademais, despois de ter estado dúas lexislaturas como parlamentario galego, di sentirse “reconfortado destes resultados porque son unhas porcentaxes importantes”. Moisés Blanco considera que o apoio logrado polo PP en Valdeorras “é o reflexo de que o partido, o presidente Feijóo e o seu goberno estiveron cerca dos problemas, proxectos e necesidades, e foilles dando respostas na medida das súas posibilidades”.

Blanco agradece “este voto maioritario nunha comarca na que tamén hai moitas alcaldías do PSdeG” e dá as grazas “aos alcaldes e alcaldesas de Valdeorras e tamén a todos os concelleiros e portavoces porque este é un traballo moi importante e, se non se fai cerca do cidadán todos os días é moi complicado que as políticas que se desenvolven nas consellerías e no Parlamento poida chegar á xente. Creo que esta vitoria non podería terse conseguido sen a súa implicación”.

 

Principais resultados do 12X en Valdeorras

Fonte: Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button