PolíticaÚltima hora

O PP márcase o obxectivo de lograr 9 dos 14 escanos da provincia nas eleccións galegas

Manuel Baltar, presidente do PP en Ourense, vén de manter unha videoconferencia cos 92 líderes municipais do partido

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante a reunión cos respresentantes do partidos nos municipios da provincia.

 

Neste luns 25 de maio o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, vén de manter unha videoconferencia cos 92 líderes locais populares na provincia para fixar as claves das eleccións galegas do 12X, “nunha campaña que será inédita dadas as circunstancias provocadas pola pandemia, pero non así os nosos obxectivos, que ao igual que na convocatoria do 5 de abril seguen a ser conseguir nove dos catorce escanos que se elixen na provincia”.

O presidente provincial emprazou aos representantes municipais a traballar “xerando confianza, proximidade, xestión e entrega, conceptos dos que sabe moito o PP de Ourense”. Ademais incidiu no carácter inédito destas eleccións, pero non só por ser unha campaña diferente que, ao igual que a propia xornada electoral, “senón tamén polos obxectivos políticos, que neste caso pasan por resolver a disxuntiva entre un goberno popular, avalado pola xestión nestes catro anos, ou non se sabe que alternativa”.

Durante esta pandemia, “aínda non rematada, desde o Partido Popular de Ourense dixemos sempre que este era o momento das persoas, de velar pola súa seguridade e polo seu benestar, e hoxe non mudou nada, porque a nosa obriga será ofrecelles un proxecto que lles axude a superar a crise económica e social provocada polo Covid-19”, destacou Baltar.

Artigos relacionados

Back to top button