ConcellosÚltima hora

O PP, o partido máis votado na Rúa

Suma catro edís, o BNG logra tres, dous o partido socialista e outros tantos o RUA, que regresa á corporación
Fonte: Ministerio do Interior.

Das cinco formacións políticas que se presentaban ás eleccións municipais do 26M na Rúa catro obteñen representación dentro do Concello. O partido máis votado é o PP con catro concelleiros (33,36% dos votos), seguido polo BNG con tres concelleiros (23,15%), o PSdeG-PSOE con dous edís (19,96%) e do RUA, que volve entrar na corporación con dous concelleiros (16,32%).

Deste xeito, o BNG mantén os concelleiros das anteriores eleccións, mentres que o partido socialista perde un e o PP, outro.

 

O BNG da Rúa na súa sede, despois do reconto da noite do 26M./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button