PolíticaÚltima hora

O PP ourensán dá a coñecer aos seus candidatos nas xerais

Miguel Ángel Viso será o cabeza de lista popular ao Congreso e Edelmira Barreira a número un ao Senado

Os candidatos do PP por Ourense ao Congreso e ao Senado nas próximas eleccións xerais presentábanse na mañá do 17 de novembro nun acto que tiña lugar na sede deste partido na cidade ourensá. “Estas son as candidaturas gañadoras do 20 de decembro”, aseguraba Manuel Baltar, presidente do PP ourensán, na presentación. Ademais marcábase como obxectivo nas vindeiras eleccións volver a estar entre as primeiras provincias de España en apoio ao PP, “tal e como aconteceu nos comicios locais de maio que situaron a Ourense no terceiro posto entre provincias”.

Neste acto tamén tomaba a palabra o secretario xeral do partido, Rosendo Fernández, encargado de presentar aos candidatos, tanto ao cabeza de lista polo Congreso, Miguel Ángel Viso, como a número un ao Senado, Edelmira Barreira, que exercían de ourensáns cualificando á provincia como unha terra de oportunidades.

Viso agradecía a invitación para participar neste proxecto “con ilusión e orgullo, nunha candidatura da que resaltaba a mestura entre renovación (na súa persoa e na de Belén Gómez) e a experiencia de Celso Delgado e Ana Belén Vázquez”, para os que tivo palabras de recoñecemento polo labor feito nos anteriores anos. Asemade puxo a énfase tamén no AVE, como un dos proxectos de futuro e fundamentais para Ourense e Galicia “como así o demostrou o Partido Popular e a ministra de Fomento, Ana Pastor”.

Fotos: Alberte Paz

Artigos relacionados

Back to top button