Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

O PP pecha a campaña en Ourense nun ateigado pavillón dos Remedios

Os candidatos ás Cortes pola provincia, Miguel Ángel Viso e Miri Barreira, estiveron arroupados por Feijóo, Baltar e Vázquez

O anexo do pavillón dos Remedios de Ourense completou aforo esta tarde para participar no mitin de peche de campaña dos populares. Debido ás altas temperaturas rexistradas na cidade das Burgas, os abanos mesturábanse cos aplausos para apoiar aos candidatos ao Congreso e ao Senado, Miguel Ángel Viso e Miri Barreira.

O evento comezou cos discursos dos propios candidatos. Así, Viso defendeu a credibilidade do programa popular, que, segundo dixo, baséase en “escoitar á xente e deseñar un rpoxecto de goberno e de país que xira en torno á creación de traballo”.

Pola súa banda, Barreira puxo o aceno nos contrincantes políticos e abogou por que os cidadáns valoren “feitos e non propostas enganosas como as de Podemos, que dbuxan un país de ficción”.

Tras as verbas deles, tomou o relevo o presidente do PP provincial. Manuel Baltar reclamou “o voto da confianza” para o Partido Popular co obxectivo de “que nos permita desenvolver con garantías o noso proxecto político, centrista, reformista e galeguista”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de clausurar o mitin, onde pediu o voto dos ourensáns para garantir a estabilidade política. Agradeceu o apoio mostrado ao partido na provincia e puxo a Rajoy como exemplo dun goberno cercano á realidade ourensá.

Entre o público asistente tamén estiveron presentes outras caras do partido como Jesús Vázquez ou Rosendo Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close