PolíticaÚltima hora

O PP pide en Monforte de Lemos “un servizo de tren de calidade”

 

Representantes do PP de diferentes puntos de Galicia, entre eles deputados e senadores galegos (ademais de dirixentes do PP de León), reuníanse no mediodía deste domingo 19 de xaneiro en Monforte de Lemos con alcaldes (como o da Rúa, Álvaro Fernández) e voceiros dos concellos máis afectados polas interrupcións no servizo de trens e pola fin do servizo de despacho de billetes.

“Á decisión do Goberno socialista de suprimir o servizo de venta presencial de billetes en algunhas estacións, e ás continuas incidencias que hai en liñas como a que conecta Vigo con León (con conexións en concellos como Redondela, Porriño, Ribadavia, Ourense, Monforte, Quiroga, a Rúa, O Barco, Ponferrada ou Astorga) súmanse os novos retrasos anunciados esta semana para a posta en servizo do AVE que debería unir o noso territorio coa Meseta”, segundo os populares.

O parlamentario Celso Delgado lamentou o progresivo deterioro do servizo que presta Renfe en Galicia. “Nesta liña están a circular trens que levan 35 anos funcionando”, dixo. “As avarías son constantes porque o material está obsoleto e iso provoca retrasos e cancelacións”, afirmou, e referiuse tamén á falla de maquinistas e aos inexistentes protocolos de atención ao pasaxeiro cando se producen incidencias.

Ademais, fixo mención ao fin da venda de billetes de forma presencial nalgunhas estacións como as do Carballiño, Ribadavia, Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, Guillarei e Redondela. Delgado anunciou que o PPdeG presentará unha batería de iniciativas nas Cortes Xerais (que se sumarán a outras presentadas, por exemplo, nos concellos galegos e no Parlamento autonómico) en defensa do servizo ferroviario.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button