PolíticaÚltima hora

O PP presenta a candidatura ourensá ao 12X nun acto en Oseira

A cabeza de lista, Marisol Díaz, citaba entre os seus obxectivos “contribuír desde Ourense a unha cuarta maioría absoluta do PP en Galicia e a un cuarto mandato de Feijoó

 

O Mosteiro de Oseira vén de acoller a presentación da candidatura do PP de Ourense ás eleccións autonómicas do 12 de xullo. Neste acto a cabeza de lista, Marisol Díaz Mouteira, aseguraba que “todos os compañeiros de candidatura traballarán con humildade para ofrecer certezas, confianza e unidade aos ourensáns, e non unha lea de siglas repleta de concesións partidarias e moita letra pequena nos pactos”.

Díaz Mouteira, que repite á fronte da candidatura, foi a encargada de presentar ao resto dos membros da lista, na que non figura ningún valdeorrés en postos de saída. Dela que destacou a combinación de “nomes xa coñecidos con novas incorporacións e experiencia de xestión, con persoas que coñecen de primeira man o goberno da Xunta, a administración autonómica, o traballo parlamentario, a Galicia exterior, e unha das tarefas máis comprometidas e difíciles: a xestión local”.

 

 

Marisol Díaz citaba dous obxectivos fundamentais. No plano político “contribuír desde Ourense a unha cuarta maioría absoluta do PP en Galicia e a un cuarto mandato de Feijoó”. No ámbito da xestión, “traballar con humildade; ofrecer certezas, confianza e unidade aos ourensáns”.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, cualificaba a lista como “unha candiatura gañadora, do rigor e do coñecemento, do partido con maior porcentaxe de apoio de España, e que conecta coa xente como ninguén”. Un conxunto de homes e mulleres que “adquiriron o compromiso de loitar
por Ourense apoiando ao presidente Feijoó, un ourensán que está en disposición de obter unha nova maioría absoluta, e que o fará coa reválida dos nove escaños que nos marcamos”.

 

 

No programa electoral que se presentará esta mesma semana, Baltar destacaba que “predominarán dúas palabras que para os populares de Ourense son claves na acción política e de goberno, a cooperación e a colaboración coas entidades locais, cos concellos e coas deputacións”.

 

 

Este acto de Oseira foi un dos cinco escenarios nos que se presentaron, simultáneamente, as candidaturas do PPdeG nas catro provincias galegas.

A candidatura do PP por Ourense pode consultarse no seguinte enlace:
http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/listas-12x

Artigos relacionados

Back to top button