PolíticaÚltima hora

O PP presenta aos 17 cabezas de lista ás locais da xunta electoral da zona de Ourense

O acto tiña lugar no Parador de Turismo de Santo Estevo na tarde do 31 de outubro
Acto de presentación de candidatos da zona electoral de Ourense.
Acto de presentación de candidatos da zona electoral de Ourense.

Nova presentación, e xa van cinco, de candidatos do PP na provincia de Ourense. Desta volta eran os cabezas de lista ás municipais do 2015 da xunta electoral de zona de Ourense. O acto tiña lugar na tarde do 31 de outubro no Parador de Turismo de Santo Estevo e nel interviñan o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda de Valenzuela, quen puxo de manifesto o intenso e constante traballo orgánico levado a cabo polo PP ourensán.

Tamén tomaba a palabra o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen incidía en que a 205 días para a celebración das eleccións municipais do 24 de maio de 2015 “somos a única forza política de Ourense que ten a punto os seus equipos para liderar a provincia”.

Na presentación desvelábanse os nomes de 17 candidatos do PP noutros tantos concellos. Así Luz Doporto Real (42 anos) liderará a lista en Allariz, José Ángel Sampayo Fernández (43 anos) en Amoeiro, Eladio Mangana Nóvoa (56 anos) en Baños de Molgas, María Consuelo vispo Seara (48 anos) en Barbadás, María Consuelo vispo Seara (48 anos) en Coles, Marío Rodríguez González (55 anos) en Esgos, Francisco Javier Nóvoa Rodríguez (70 anos) en Maceda, José Manuel Fernández Gómez (60 anos) en Paderne de Allariz, Óscar González Prieto (37 anos) en Parada do Sil, Eliseo Fernández Gómez (64 anos) en Pereiro de Aguiar, Manuel Seoane Rodríguez (59 anos) na Peroxa, Manuel Pedro Fernández Moreiras (57 anos) en San Cibrao das Viñas, Manuel Gallego Vila (77 anos) en Taboadela, Amancio Antonio Cid Pérez (64 anos) en Toén, Amador Vázquez Vázquez (67 anos) en Vilamarín, José Luis Gavilanes Losada (61 anos) en Xunqueira de Ambía e Carlos Gómez Blanco (56 anos) en Xunqueira de Espadanedo.

Artigos relacionados

Back to top button